Proxectos personalizados de gran calidade

Carpintería Lenez somos unha empresa xóven pero cunha longa traxectoria no sector da carpintería, xa que os profesionais que formamos parte dela levamos traballando coa madeira e no diseño de cociñas e baños. Por iso, cento de cociñas, armarios e multitude de productos elaborados coa madeira de alta calidade corroboran a nosa experiencia.

O noso lema é sinxelo: calidade e bo trato. Desta forma, priorizamos a calidade en todos os nosos servizos, polo que realizamos cada traballo sen renunciar a un bo asesoramento e a un bo prezo. Isto fai que en Carpintería Lenez destaquemos pola nosa relación calidade-prezo na elaboración de mobles, chans, armarios, cociñas e baños.

Así mesmo en Carpintería Lenez aproveitamos ao máximo as posibilidades dos espazos, para os que traballamos sacando o maior rendemento posible a cada un dos nosos proxectos a través dos nosos deseños e produtos.

Deseño de cociñas

Deseño de cociñas

Accesorios de baños

Accesorios de baños

Carpintería xeral

Carpintería xeral

As nosas instalacións

En Carpintería Lenez dispoñemos dun taller onde fabricamos os nosos produtos e onde mostrar a nosa forma de traballar e os materiais empregados. Tamén contamos cunha oficina de vendas cunha pequena exposición, onde ademais realizamos os deseños adaptados ás necesidades de cada cliente, debido a que na nosa empresa ofrecemos un asesoramento personalizado co que garantir o acerto en todos os resultados.

Desde a nosa sede de Viveiro, en Carpintería Lenez ofrecemos un servizo de postventa co que aseguramos aos nosos clientes a calidade dos nosos produtos. Esta característica é mostra do noso compromiso de calidade coas mellores garantías, polo que é un servizo que coidamos ao máximo cun trato próximo e persoal.

Contacta con nos

Queres un mobiliario e un deseño único para o teu fogar ou comercio? En Carpintería Lenez temos o que buscas.